Camiño do Sueste (vía da prata)
Mágicos Gagarin
Espazo de creación e experimentación onde se xoga coa ilustración e a escultura en cerámica para crear obxetos de compañía saidos do gabinete de curiosidades da Gran Gagarin.
Para visitar ó obradoiro concertar a cita con anterioridade.
Localización
Esculturas Carballo
Obradoiro de talla de pedra. Na parte dianteira do obradoiro existe unha exposición de pezas. Concertar visita con anterioridade.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Berce do Lume Cerámica
Obradoiro de cerámica onde se explica o proceso de elaboración. Concertar visita con anterioridade. Horario de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Queiper Laza
Taller e tenda téxtil onde se poden ver máquinas de coser e exemplares de traxes tradicionais galegos. Horario de 10 a 12:30 e de 16:30 a 19:30 h.
Concertar visita por teléfono.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso a minusválidos.
Localización
1924
Taller-tenda de alta marroquinería onde se fan demostracións.
Concertar visita sempre antes por teléfono.
Horario de 9:30 a 14 e de 16:30 a 21:00 h.
Localización
A. Outeiriño
Obradoiro de tecidos de alto e baixo lizo. Tenda na zona urbana de Ourense. Horario: 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 h de luns a venres (inverno). De 8:00 a 14:00 h de luns a venres (verán).
Pódense concertar visitas os sábados e festivos. Posibilidade de demostración.
Impártense cursos tanto no obradoiro coma fóra del.
Localización
Rosa Méndez
Obradoiro de vidro. Visitas concertadas. Demostracións.
Aparcadoiro. Acceso para minusválidos.
Impártense cursos fóra do obradoiro.
Localización
Arbor
Obradoiro téxtil nunha preciosa ubicación. Preferentemente visitas concertadas.
Teares tradicionais. Aparcadoiro. O obradoiro é moi pequeno, polo que os grupos non poden ser numerosos.
Localización
