Camiño Fisterra-Muxía
mimadriña
Obradoiro onde o protagonista é o papel. Concertar visita con anterioridade por correo electrónico.
Localización
Estruga
Taller de flores prensadas onde se explica o proceso de traballo, ilustrado con pezas en proceso de elaboración. Non existe tenda pero pódense mercar pezas.
Concertar visita con antelación por teléfono.
Dispón de aparcadoiro. Aínda que non existe acceso formal para minusválidos, ao estar ubicado o taller nunha planta baixa o acceso non presenta dificultades.
Localización
Rueca
Taller e tenda de encaixe onde se explica o proceso de elaboración.
Horario de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h.
Dispón de aparcadoiro pero non de acceso para minusválidos.
Localización
Cerámica Unzueta
Obradoiro de cerámica aberto a visitas de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Demostracións de torno, explicación sobre as técnicas e materiais empregados. Tenda. Aparcadoiro. Acceso minusválidos. Imparte cursos no obradoiro.
No caso de coincidir con coccións de Raku, nas que participa o público, é necesario concertar a visita (condicións e número mínimo de participantes estarán anunciadas na súa web).
Localización
