Puntos de interese artesanal
Museo Sotelo Blanco
Museo de Antropoloxía · Fundación Sotelo Blanco
Inaugurouse en 1995 e coa finalidade de contribuír á recuperación da cultura tradicional galega e intentar recuperar para a sociedade un anaco da súa historia inmediata.
Os céntros de ensino poden programar a súa visita poñendose en contacto coa Srta. Chelo Carreira.
Horario: de luns a venres de 9 a 14 h. Sábado e domingo pechado. Pechado o mes de agosto.
Localización
Artesanía de Galicia·Cidade da Cultura
Artesanía de Galicia na Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás.
Punto oficial de venda de Artesanía de Galicia.
Localización
Artesanía de Galicia·ABANCA
Artesanía de Galicia na Fundación ABANCA.
Punto oficial de venda de Artesanía de Galicia.
Localización
Feira de Artesanía de Viveiro
Coincidindo cas festas patronais de Viveiro, máis de 40 obradoiros artesáns presentan todo tipo de productos de cestería, talla en madeira, coiro, téxtil, metal, cerámica, olería, etc.
Do 12 ó 21 de agosto de 2016.
Localización
Encontro Inter. Torneiros Galicia
Encontro Internacional de Torneiros en Galicia
Do 17 ao 20 de setembro de 2015, en Xermade (Lugo). Talleres, exposicións, demostracións, venda de produtos de artesanía, maquinaria, ferramentas e publicacións.
Localización
Mercado do Nadal de Ribadeo
Stands de artesanía e alimentación. Adoita celebrarse na ponte da Constitución (primeiros de decembro).
Localización
Encontro Artesanía Trad. e Popular
Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Corazón da Artesanía.
Gran acontecemento popular orientado á exposición, á comercialización e á promoción dos oficios artesáns, pero tamén da paisaxe e da cultura de Galicia, que naceu en 2012 coa vocación de se converter nunha cita imprescindible para o intercambio e o contacto entre as empresas, as agrupacións e as entidades chamadas a ocupar un lugar no mundo da artesanía.
Do 3 ao 5 de xullo de 2015.
Localización
Argalica
En plena época estival e de turismo, con stands de 3x2,5 m e uns 30 expositores.
Do 20 de xullo ao 7 de agosto de 2016.
Localización
Artesanfroilán
Coincidindo coas festas de San Froilán, unha das celebracións patronais con máis sona de toda Galicia, na Praza de Anxo Fernández Gómez, no mesmo centro da cidade, baixo carpa e en stands modulares, con arredor de 25 obradoiros artesáns.
Do 1 ao 12 de outubro de 2016.
Localización
Feira de Artesanía de Ourense
Feira de artesanía tradicional e contemporánea, formada por 40 postos.
Do 23 de abril ao 1 de maio de 2016.
Localización
Centrad
Centro de Artesanía e Deseño dependente da Diputación de Lugo.
Cursos, exposicións e biblioteca.
Localización
Mostra do Encaixe
Mostra do Encaixe de Camariñas. A celebración coincide con Semana Santa.
Localización
Fund Artesanía e Deseño
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Oficinas desde as que se desenvolven accións e programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e outros aspectos inherentes á cultura dos oficios artesanais en Galicia.
Localización
Artesanía Galicia no Museo do Mar
Artesanía de Galicia no Museo do Mar de Vigo
Segunda tenda oficial de Artesanía de Galicia. Esta nova tenda de máis de 100 m2 conta cunha selección de pezas de Artesanía de Galicia, a maioría delas vinculadas o mar.
Localización
Casa Mariñeira Don Fernando
Primeira tenda oficial da Artesanía de Galicia.
Cerámica, olería tradicional, encaixe, xoiería, téxtil, instrumentos musicais, cestería ou complementos son algúns dos artigos que están á venda.
Localización
Ofeitoaman feira de artesanía
A feira de artesanía por excelencia da cidade de Vigo, e a máis importante de Galicia durante as datas do Nadal.
Do 16 de decembro do 2017 ao 5 de xaneiro do 2018 no exterior do Centro Comercial A Laxe, enfronte da Estación Marítima de Trasatlánticos.
Visitable de 11 a 14 e de 16:30 a 21 h. (os días 24 e 31 de decembro pechará ás 19 h; 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechada).
Localización
Museo Etnográfico Liste en Vigo
Nove salas de exposición permanente ofrecen unha visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.
Horario:
Martes a Sábados: 11 a 14 h e de 17 h a 19 h.
Domingos, luns e festivos pechado.
Localización
Museo - Taller de Olería de Niñodaguia
Obradoiro de olería rehabilitado como museo.
Exposición de pezas típicas de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) Ourense.
Localización
Mostra da Olería de Buño
A Mostra celebrarase a primeiros de agosto, como ven sendo habitual na Casa do Oleiro, A Camposa - Buño (Malpica) en horario de 11 a 14:00 h. e de 17 a 21:00 h.
Localización
Mostrart feira de artesanía
A feira de artesanía máis importante de Galicia, que se celebra no centro da cidade da Coruña. Arredor de 50 expositores.
Do 30 de xullo ó 15 de agosto de 2016.
Visitable de 11 a 14 e de 17:30 a 22 h.
Localización
Asociación Galega de Artesáns
AGA é a asociación profesional de artesáns con maior presenza en Galicia, conta cun dilatado historial de accións innovadoras en materia de promoción e desenvolvemento da artesanía, entendida coma unha profesión actual.
Oficinas abertas de 9 a 14 h. de luns a venres.
Localización
Castelo de Vimianzo
Castelo medieval en excelente estado de conservación, no que a Deputación de A Coruña promove durante todo o ano a "Artesanía en Vivo", con obradoiros de diferentes oficios.
Localización
Museo Os Oleiros
Olería de toda España. Entrada de balde.
Os grupos deben concertar a visita por adiantado (visita guiada).
Ubicado no pazo As Torres. Os fondos foron aportados polo matrimonio formado por José María Kaydeda e Teresa Jorge, coleccionistas e aficionados ao traballo oleiro. O museo organiza tódolos anos a feira Alfaroleiros a principios do mes de agosto coa presenza de oleiros de toda españa.
Localización
Museo do Coiro
Museo do Coiro, Fábrica Curtidos Familia Nogueira. Obradoiro de coiro.
Do 15 de setembro ao 15 de xullo, aberto sábados, domingos e festivos de 12 a 14 e de 17 a 19 h.
Do 15 de xullo ao 15 de setembro,os martes, mercores e domingos de 12 a 14 h. e os xoves, venres e sábados de 12 a 14 e de 17 a 21 h. Luns pechado (fotografía: Juan Marcet).
Localización
Ecomuseo Forno do Forte
Antigas casas/obradoiro, forno, alpendre, hórreo de varias familias alfareiras de Buño.
Conxunto rehabilitado pola Diputación da Coruña e xestionado polo Concello de Malpica de Bergantiños.
Localización
