Camiño do Norte
Clara Naseiro
Obradoiro onde se fai todo tipo de traballos en madeira como a talla, restauración, ebanistaría, etc. Todo previo encargo.
Posibilidade de facer unha ruta guiada pola historia da madeira.
Concertar visita por teléfono.
Localización
Miguel A. Fernández González
Obradoiro de carpintería onde se fan demostracións. Pódense facer encargos.
Horario de 9 a 13 e de 15 a 19 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Chus Lage
Taller de escultura, cerámica e olaría tradicional.
Existe un museo de olaría tradicional, unha tenda pequena, escultura exterior, etc. Posibilidade de demostración.
As condicións son a tratar co grupo, que nun principio será como mínimo de 10 e máximo de 15 persoas.
Horario: xuño, xullo e agosto, de martes a venres de 18:00 a 20:00 h. Sábados de 11:30 a 13:30 h.
Non poden pasar autobuses pero si coches (aparcadoiro próximo). Para acceder ao taller hai un chanzo.
Localización
Javier Varela Quintas
Obradoiro de debuxo onde se fan demostracións de pirogravado, debuxo e produto finalizado.
Concertar visitas chamando por teléfono.
Horario de 10:00 a 13:00 h.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Cerámica Lucía Catuxo
Situado no antigo palleiro da Casa do Cura, ao lado da capela Vilafernando, no centro do pobo.
Horario de visita: xullo e agosto, mércores a sábado 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:30 h. O resto do ano confirmar hora por teléfono ou correo electrónico. Admite visitas concertadas.
Aparcadoiro gratuíto e acceso a minusválidos.
Ademais de cerámica podes atopar a tenda de artesanía Casa do Cura. Alí podes atopar unha selección de artesanía contemporánea (vidro, teceduría, cestería, bixutería, cerámica ...), coma unha completa colección de olería tradicional galega e asturiana.
Localización
