Camiño Primitivo
Jaragarimo
Taller e tenda de centón e labores. Na tenda pódense ver os materiais utilizados na actividade e labores xa realizados.
Chamar con anterioridade para concertar a visita.
Horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17 a 20 h.
Non dispón de aparcadoiro pero si de acceso para minusválidos na planta baixa que é onde está a tenda. O taller está na primeira planta.
Localización
Idoia Cuesta
Obradoiro de cestaría contemporánea onde se fan demostracións. Posibilidade de obradoiros para adultos e nenos. Concertar visita por teléfono.
Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Localización
Xaneco
Obradoiro de instrumentos musicais. Visitas para grupos ou colexios con cita previa de 15 días de antelación. Descrición e charla informativa do proceso de construción. Prezo 200 eur+IVE. A charla ten unha duración dunha hora. Posibilidade de comprar instrumentos.
Horario de 9 a 20 h. En xullo e agosto de 9 a 16 h.
Dispón de aparcadoiro e o acceso para minusválidos encóntrase na parte traseira do obradoiro.
Localización
Pepa Bonxe
Obradoiro de olería onde se fan demostracións do proceso de traballo. Existe museo, obradoiro e tenda. Para visitas en grupo o custo é de 2 eur/persoa. Concertar visita previamente por teléfono.
Horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Dispón de aparcadoiro e de acceso para minusválidos.
Saída autovía A-6 Km 507, dirección Castro, na segunda rotonda, segunda saída.
Localización
